Entradas

"Contra el odio" de Carolin Emcke

Imagen
           O odio, como a ira, ou o resentimento, forman parte das emocións tristes que asolagan o noso presente e que cando acadan un nivel de ola a presión estouran de mil maneiras, pero sempre producindo un dano e un sufriminto as máis das veces irremediábel. O odio, ademais de desencadear todo tipo de calamidades e dor, ten a perversa cualidade de separar e afastar aos seres humanos uns dos outros, coma se fose unha sustancia repelente que inhibe calquera pulsión de piedade, empatía, solidariedade ou simplemente respecto pola vida.      Hai tempo que os anaqueis das nosas librarías acollen monografías que tratan de entender esta paixón velenosa e persistente. Cicais a historia e a filosofía sexan os mellores cumios dende os que albiscar a orixe deste antipático sentimento. A arqueoloxía amosa que a tecnoloxía de case todas as civilizacións coñecidas produciu sobre todo ferramentas cuxa finalidade é case sempre defensiva, o que indica que a xenreira ou aversión ao outro, foi unha co

Conversación con Pankaj Mishra: O mundo de hoxe. Reflexións sobre a herdanza do imperialismo. CCCB

Imagen
  No recente encontro celebrado no CCCB con Pankaj Mishra, o autor do libro Idade da ira , que vimos de reseñar, aportou interesantes reflexións sobre o estado actual do mundo, co gallo do seu derradeiro libro,  Fanáticos e insulsos. Ningunha explicación está de máis para entender  a extravagancia da situación na que vivimos, de xeito que atender a voces que falan dende posicións críticas é de vital importancia.  Mishra, de orixe hindú e formado no ámbito anglosaxón, recoñece que a situación actual é consecuencia directa dun contexto postcolonial no que necesariamente habería que incluir a voz dos países colonizados por Estados Unidos e Reino Unido. Como analista nas revistas máis prestixiosas destes dous países, afirma que dende hai polo menos dúas décadas, detecta nos grandes medios de comunicación unha marxinación dos discursos dunha grande parte de países cunha experiencia histórica diferente ás potencias actualmente hexemónicas. Esta falta de voces está na orixe dunha perda de  c