"Contra el odio" de Carolin Emcke
O odio, como a ira, ou o resentimento, forman parte das emocións tristes que asolagan o noso presente e que cando acadan un nivel de ola a presión estouran de mil maneiras, pero sempre producindo un dano e un sufriminto as máis das veces irremediábel. O odio, ademais de desencadear todo tipo de calamidades e dor, ten a perversa cualidade de separar e afastar aos seres humanos uns dos outros, coma se fose unha sustancia repelente que inhibe calquera pulsión de piedade, empatía, solidariedade ou simplemente respecto pola vida. Hai tempo que os anaqueis das nosas librarías acollen monografías que tratan de entender esta paixón velenosa e persistente. Cicais a historia e a filosofía sexan os mellores cumios dende os que albiscar a orixe deste antipático sentimento. A arqueoloxía amosa que a tecnoloxía de case todas as civilizacións coñecidas produciu sobre todo ferramentas cuxa finalidade é case sempre defensiva, o que indica que a xenreira ou aversión ao outro, foi unha co