Conversación con Pankaj Mishra: O mundo de hoxe. Reflexións sobre a herdanza do imperialismo. CCCB

 


No recente encontro celebrado no CCCB con Pankaj Mishra, o autor do libro Idade da ira, que vimos de reseñar, aportou interesantes reflexións sobre o estado actual do mundo, co gallo do seu derradeiro libro, Fanáticos e insulsos. Ningunha explicación está de máis para entender  a extravagancia da situación na que vivimos, de xeito que atender a voces que falan dende posicións críticas é de vital importancia. 

Mishra, de orixe hindú e formado no ámbito anglosaxón, recoñece que a situación actual é consecuencia directa dun contexto postcolonial no que necesariamente habería que incluir a voz dos países colonizados por Estados Unidos e Reino Unido. Como analista nas revistas máis prestixiosas destes dous países, afirma que dende hai polo menos dúas décadas, detecta nos grandes medios de comunicación unha marxinación dos discursos dunha grande parte de países cunha experiencia histórica diferente ás potencias actualmente hexemónicas. Esta falta de voces está na orixe dunha perda de  conceptos que impiden a millóns de persoas hoxendía entender o que está pasando no mundo. Asesgura que dende hai tres décadas, estes medios de comunicación repetiron - aínda o seguen facendor - o discurso de que a única garantía para acadar unha situación de solvencia e benestar económico, político, e social, é o capitalismo e a democracia que segue o modelo de Estados Unidos. Só imitando o xeito de vida americano, se poderían acadar xeitos de convivencia e garantías de liberdade. Mishra, como moitas outras persoas atentas á realidade, sempre se amosou escéptico ante a situación creada -antes da elección de Trump- pola fallida política de resposta ao terrorismo, á globalización ou á crise financeira. Os que aseguraban que non había alternativa a este modelo de capitalismo, sen embargo, non foron quen de explicar por que China, un país comunista, é hoxe o centro das redes económicas mudiais. 

India, ata hai pouco un país aclamado como a democracia máis grande e un dos socios prioritarios da economía de occidente, é gobernada hoxe por fundamentalistas hindúes que din inspirarse nos movementos fascistas europeos dos anos vinte e trinta.  Tamén resulta moi difícil de entender por qué a cidadanía das democracias europeas comezaron a votar dun xeito alarmantemente decisivo polas extremas dereitas que inspiraran aqueles totalitarismos.  

Outra fonte de preocupación e tampouco dodadamente asimilable pola poboación mundial, son as multitudinarias e masivas protestas a un nivel que supera con moito os cumios acadados nos movementos dos anos sesenta que, como o movemento Black Lives Matter, son protagonizados maioritariamente por xente nova animada por unha nova conciencia histórica na que recoñecen á escravitude e o capitalismo coma factores decisivos no apuntalamento do poder dos Estados Unidos e de Gran Bretaña. Mishra amosa unha forte desconfianza na posibilidade dunha restauración dos valores democráticos trala victoria de Biden nas eleccións norteamericanas. Amosa a necesidade urxente de descartar estas novas fantasías. Seguir crendo nas ideas obsoletas que nos levaron a actual situación significaría manterse nun estado de cegueira que impide a compresión dos fenómenos necesaria para emprender os cambios que irremediablemente temos que abordar.

Para comprender o mundo actual non hai outra opción que comprender o que significou o proceso de descolonización de mediados do século pasado; dende ahí enténdese non só a aparición de China como potencia mundial, senón a orixe dos desequilibrios que ameazan desatarse como consecuencia do supremacismo blanco. Mishra asegura que xa no período da Guerra Fría se recoñecía que o século XXI dependería de países afastados de Europa e América, que son nos que reside a maioría da poboación mundial. 

A Revolución chinesa de 1949, sempre en palabras do escritor hindú, tivo consecuencias moito maiores que as da Revolución Rusa; cando Mao dixo que o pobo chinés se tiña posto en  pé, non estaba expresando só un reforzo retórico senón que inuguraba unha etapa certamente dura pero extraordinariamente exitosa de posibilidades de riqueza e poder para ese país. Hoxe, non podemos desvincular ningún dos tres elementos principais de desestabilización, supremacismo, deshumanización e desigualdade, sen ter en conta a conversión de China nun xigante industrial agresivamente nacionalista. E para entender este estado de cousas temos que descartar seriamente moitas ideas froito da política da guerra fría, unha época na que a necesidade de Occidente de presentarse como a única opción de progreso fronte á Unión Soviética, construiu unha imaxen de Europa e Estados Unidos tan poderosa como difícil de poñer hoxe en cuestión.  Unha sobreestimación, segundo Mishra, do chamado mundo libre mediante o empoderamento de discursos morais e intelectuais sobre a bondade do sistema democrático e capitalista, que fan hoxe imposible non preguntarse cómo é posible que policías blancos asasinen a cidadáns negros e que estes ataques se perpetren ademáis co consentemento do presidente do país que se ergueu de vixiante da democracia e liberdade mundial. 

Segundo Pankaj Mishra, téñense cuestionado os crimes de Mao, Hitler e Stalin, pero non se cuestionou suficientemente o modo de adquisición do poder dos Estados Unidos e de Gran Bretaña. Ata hai pouco e aínda hoxe, non é doado falar abertamente de violencia, xenocidio de indíxenas e escravitude perpetradas por estes países. Deberiamos ter escoitado ás vítimas das culturas imperialistas para entender as causas das protestas e loitas que se están a producir no interior destes mesmos países. 

Á cuestión sobre a perda de hexemonía dos Estados Unidos e de Gran Bretaña, Mishra responde que o seu declive xa comezou na crise dos anos 70, xutso cando China e Asia comezan o seu desenvolvemento. Neses anos, os salarios nos Estados Unidos comezaron un declive que o país intentou ocultar. Como escritor nas principales revistas occidentais, Mishra afirma que dende os oitenta unha elite dominante vende masivamente a idea dunha América democrática e capitalistas. As políticas de Reagan e Margaret Tatcher foron os únicos modelos propostos a imitar para o resto do mundo, incluso cando eses modelos comezaron a colapsar. O absurdo mantemento dese discurso fai que hoxe se produza esa especie de baleiro conceptual que impide entender e explicar un mundo totalmente sumido en incertezas de todo xénero.

    ¿Como entender que o cumio da hexemonía dos Estados Unidos coincida coas gravísimas consecuencias de conflictoso políticos, crisis financeiras, a fallida loita contra o terrorismo, a calamidade da elección de Trump como presidente ou o Brexit? 

    ¿Como pretenden estas potencias seguir decíndolle ao resto do mundo como teñen que organizar as súas economías e as súas sociedades se non poden explicar nin os seus propios conflictos internos?

    E sobre todo, ¿como poden explicar que China se teña convertido nunha potencia tan poderosa malia ser un réxime comunista que se mantén no poder dende 1949? 

    Todas estas cuestións, segundo Mishra, non se teñen plantexado seriamente ata a aparición da actual pandemia. Sen dúbida, moitos pensaban que despois de Trump, só era cuestión de voltar atrás, pero a pandemia xa non fai posible que o Brexit e o aínda hoxe presidente dos Estados Unidos sexan considerados unha anomalía ou unha paréntese doadamente evitable porque cumprirá moito tempo para acadar unha reconstrucción económica e social. O feito de que Trump acadase moitos máis votos dos que se agardaba significa que os fenómenos que él e a súa política representan van a estar moito tempo connonsco, afirma Mishra. Sen dúbida esto constituirá un atranco para calquera reconstrucción, porque o declive material, agora, xa non é posible disimulalo. Agora está claro a onde nos levou a extrema dereita nos Estados Unidos e no Reino Unido. O déficit democrático, o Brexit, son anomalías de rexímenes disfuncionais debido a unha desigualdade extrema e escandalosa, que precisamente é a que leva a estos líderes demagóxicos ao poder. Cando a democracia falla porque non garante único que promete, que é a igualdade, o perigo está asegurado.

Comentarios

Entradas populares de este blog

"Contra el odio" de Carolin Emcke